Catalina

Catalina

Profesora de ioga

Enxeñeira forestal e tecnóloga dos alimentos de profesión, sempre estiven interesada en todo o relacionado coa natureza e o coidado do corpo de xeito natural e respectuoso, no ioga atopei o camiño para tratar corpo e mente de maneira máis equilibrada. Despois de anos de práctica de hatha yoga decidín formarme como profesora, no camiño descubrín o ioga Iyengar, un método que me permitiu explorar e profundizar na miña práctica. Pasados uns anos impartindo clases decidín crear un estudo no que se puidesen recibir clases de calidade nesta e noutras disciplinas que nos axuden a coidarnos física e mentalmente.
Actualmente continúo formándome e ampliando coñecementos en diversos cursos e talleres con persoas de recoñecido prestixio no mundo do ioga.